día estrano
e xaponés
coma chocolate
de té verde
...por certo....comino todo
*fotografía.- osondaxordeira
Friday, June 8, 2007
máis verde
Monday, June 4, 2007
verde
Comía sempre onde a ventá.
Asomábase e entraba cara adentro marcando partituras, traendo o alimento fraccionado tal que os paxaros.
O xantar e a cea facíanse así máis divertidos pois, entre anaco e anaco, o día cambiaba no exterior.
Segundo recordo, aquela tarde, a última que a ollei dende o meu terrazo, as pingas dunha nova tormenta de verán comezaban a mollar a roupa tendida.
O pelo recollido e unha bata rosa contrastaban co formigón da fachada, pero ela tiña decidido que algún día había conseguir reunir cartos dabondo para pintala de branco. Daquela, mercaría un vestido verde do mesmo ton que as ventás, e comería cereixas entre as miradas dos veciños.
(...)
O certo é que dende hai algún tempo, as frangullas do pan non se deixan ver alí enfronte e, no gris da fachada, comezaron a medrar algunhas manchas brancas e verdes de humidade.
Saturday, June 2, 2007
Wednesday, May 30, 2007
recitar é un pracer
hoxe estiven neste instituto recitando acompañada de Kiko Neves e foi estupendo.
A verdade é que significou un pracer rodearse de todos esos rapaces e rapazas... simplemente eu, a morriña de shaila, violador de versos, soniamaría, iago.... unha longa nómina de ollos que me bateron nas coxas.
grazas a tod@s
Tuesday, May 29, 2007
escolma
pequena escolma de poetas galegas feita polo Galicia Hoxe o 17 / 05 / 2007
venres
venres envíame esta foto de utrech e a mín estóupanme as ganiñas de vela, aquí, moi adentro.
como a coñezo
sei que estará a buscar cos ollos algún fondo de pantalla nesa cidade na que agora habita. algunha historia que levarse á boca e coa que enganar a tarde de café e chocolate.
porque, venres, sabe que as cousas suceden no tempo en ciclos centrífugos ou centrípetos. que as veces, hai vidas que corren en paralelo. que a orientación do día depende, en parte, da cor coa que esta mañá pintases os beizos.