Monday, June 4, 2007

verde




Comía sempre onde a ventá.
Asomábase e entraba cara adentro marcando partituras, traendo o alimento fraccionado tal que os paxaros.
O xantar e a cea facíanse así máis divertidos pois, entre anaco e anaco, o día cambiaba no exterior.

Segundo recordo, aquela tarde, a última que a ollei dende o meu terrazo, as pingas dunha nova tormenta de verán comezaban a mollar a roupa tendida.

O pelo recollido e unha bata rosa contrastaban co formigón da fachada, pero ela tiña decidido que algún día había conseguir reunir cartos dabondo para pintala de branco. Daquela, mercaría un vestido verde do mesmo ton que as ventás, e comería cereixas entre as miradas dos veciños.

(...)

O certo é que dende hai algún tempo, as frangullas do pan non se deixan ver alí enfronte e, no gris da fachada, comezaron a medrar algunhas manchas brancas e verdes de humidade.